Casa Quiroga, a confianza dun século de experiencia cunha imaxe renovada en Meira

Cun horario ininterrompido de 8 da mañá a 8 da tarde, a veterana ferretería estrea un local de 700 metros cun gran abano de maquinaria e primeiras marcas
Empregados de Casa Quiroga con algúns clientes no local
photo_camera Empregados de Casa Quiroga con algúns clientes no local

Un inmellorable trato co cliente, un excepcional servizo posvenda e un amplo catálogo de maquinaria e de ferramenta avalan os anos de experiencia da ferretería Casa Quiroga de Meira. Un negocio fundado en 1905 que foi medrando exponencialmente e que agora estrea novo local na Avenida de Lugo 47 cun espazo de 700 metros cadrados. O actual dono, Iván Freire, púxose á fronte no ano 2006 do negocio fundado polo seu bisavó hai máis dun século e deulle un aire renovado sen perder o carácter próximo e de confianza que o caracterizaba. Ata o de agora o establecemento contaba cun espazo de 100 metros cadrados que este ano se multiplicou por sete para seguir ampliando a gama de artigos e de marcas dispoñibles.

Conta con máis de 11.000 artigos referenciados de marcas como Husqvarna, Stiga ou John Deere

Maquinaria de Casa Quiroga

Así, Casa Quiroga ofrece, cun horario ininterrompido de 8 da mañá a 8 da tarde e un equipo de traballo de cinco persoas, todo tipo de maquinaria destinada aos profesionais con artigos punteiros no sector da xardinería ou forestal e sempre traballando con primeiras marcas como Husqvarna, Stiga, Makita, Bosh, Milwaukee ou John Deere. Deste xeito, o cliente pode atopar desde o novidoso robot cortacéspede sen cables e a batería de Stiga, automatismos de porta Motorline ou utensilios máis clásicos como compresores, desbrozadoras, cortasetos ou a gama completa de motoserras —tanto para particulares como para os profesionais— que ofrece o catálogo da recoñecida firma sueca Husqvarna. No local hai un espazo dedicado ao sector agrogandeiro coa venda de barredoras ou pastores e é tamén punto de venda de equipos de hidrolimpeza profesional de Stark, unha marca cunha longa tradición no sector. Neste ámbito o cliente pode elixir a súa favorita nunha exposición completa de máquinas monofásicas, trifásicas, a gasolina ou diésel.

"A nosa clientela sabe que se algo falla, aquí estamos nós para responder", asegura o dono

A ferretería ofrece ademais unha ampla selección de artigos de electricidade, albanelería ou fontanería con todo tipo de ferramentas en stock, e non quixo esquecer as súas orixes ofrecendo tamén utensilios de bricolaxe, tornelería e pequenas ferramentas para resolver as reparacións domésticas.

Todas estas seccións complétanse cun catálogo de pequenos electrodomésticos, menaxe de cociña e unha variada oferta de vestiario industrial. Cada persoa que visite en Meira Casa Quiroga contará en todo momento cun asesoramento personalizado da man dos cinco empregados que hoxe en día hai en plantilla. Ofrécese ademais un excelente servizo de atención ao cliente e posvenda como así o avala a puntuación dun 4,7 sobre 5 que máis dun cento de clientes lle dan ao negocio en Google. "A base do noso traballo é que calquera cliente que entre no establecemento ten que saír ao cen por cen satisfeito, tanto se vén mercar un tornillo cun euro ou un tractor cortacéspede de 20.000 euros. A nosa clientela sabe que se algo falla, aquí estamos nós para responder en todo momento. Esta confianza creámola despois de todos estes anos de experiencia, 116 anos levamos creando unha fidelidade que mantemos e aumentamos, e así seguiremos", recalca o propietario. No afán por atender en todo momento á súa clientela, a ferretería meirega conta cun servizo técnico externo para reparar todo tipo de maquinaria de gasolina ou eléctrica.

A ferretería conta cunha ampla maquinaria de xardinería e forestal

Nas case dúas décadas desde que o actual propietario Iván Freire tomou as rendas do negocio familiar, este foise renovando, e nese afán por adaptarse aos novos tempos lanzou este mesmo ano unha páxina web para fomentar tamén a venda online. En www.casaquiroga.com os clientes poden acceder ao amplo catálogo con máis de 11.000 artigos que a ferretería ten referenciados, unha cifra que se vai ampliando mensualmente nese empeño constante da xerencia por facer medrar un negocio que a pesar dos éxitos colleitados nunca perdeu o seu carácter próximo e de confianza

Comentarios