lunes. 27.01.2020 |
El tiempo
lunes. 27.01.2020
El tiempo

Carrasquiña e Carrasquiño bailan xuntos

CHA1903P4F1.JPG
CHA1903P4F1.JPG

Os amigos ‘A Carrasquiña’ e ‘O Carrasquiño’ foron dous dos grandes protagonistas dos obradoiros de baile e canto tradicional que organizou a Tradescola nos dous colexios da Pastoriza, o Ceip O Salvador e o Ceip de Bretoña.

Preto dun cento de alumnos participaron nesta iniciativa, coa que a entidade lucense pretende difundir entre os máis novos a cultura tradicional galega. «Queremos incrementar a presenza da música e do baile tradicional na sociedade actual», explica Mónica Fernández, coordinadora da Tradescola.

Para conseguir este obxectivo, promoven a realización de charlas, exposicións, concertos didácticos... e tamén estes obradoiros escolares nos que os nenos e nenas cantan, bailan e rin da man de Xabier Iglesias, mestre de baile da Tradescola e director do grupo de baile de Cántigas e Frores.

Consiga AQUÍ la información completa

Carrasquiña e Carrasquiño bailan xuntos
Comentarios