Miércoles. 14.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 14.11.2018
El tiempo

Carmen Rodríguez: ''Me decían que quién iba a comer algas y que iba a morir de hambre con esto de las empanadas''

Carmen Rodríguez.
Carmen Rodríguez.

A panadeira de Muros Carmen Rodríguez elabora as empanadas de Galuriña cunha receita do século XIX. E faino con ingredientes innovadores coma as algas.

Como xurdiu a idea de facer empanadas cunha receita de hai douscentos anos?

Máis que unha receita, o que atopei foron os ingredientes. Atopeinos nuns libros que estaban na casa do meu pai hai moito tempo e, rebuscando coa miña irmá, demos con esa receita e con moitas outras cousas, cartos, notas de débedas e o outros papeis antigos. O curioso da receita é que vin o método que estaban utilizando, que non se correspondía co que se usa hoxe en día; pareceume rarísimo que de alí saíse unha empanada. Pero cando o probei, vin que saía saborosísima.

Cal e a diferenza principal coa receita actual?

O mais salientable é que non leva fermento, a masa faise de forma artesanal, e xa non podo dar máis detalles, porque desvelaría o truco.

Consiga AQUÍ la información completa

Carmen Rodríguez: ''Me decían que quién iba a comer algas y que iba...
Comentarios