Dianteiro da Comercial

Carlos Pacín Vázquez marcou tres goles na segunda parte para levarse a vitoria co Abadín

Segunda Galicia Norte
COMER_PACIN
photo_camera COMER_PACIN
A Comercial venceu ao Abadín cun rotundo 0-3 que chegou na segunda metade. Estiveron mellor os locais na primeira pero sen acerto. Logo da pausa, Carlos Pacín fixo un hat trick cun bo xogo e moi intenso. O primeiro foi de penalti, no segundo aproveitou un erro do porteiro e o terceiro foi un tiro desde fóra da área.