miércoles. 28.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 28.10.2020
El tiempo

Carlos Callón: ''Aún no hay igualdad de derechos para las personas que quieren hablar y escribir en gallego''

Carlos Callón
Carlos Callón

É unha das persoas que máis loitou pola defensa da lingua propia nos últimos anos e estará esta tarde en Viveiro, onde dará os consellos que recolle non seu libro para falar e escribir en galego con corrección

Pensamento e Sementeira inicia hoxe as súas Xornadas sobre Lingua e Cultura (20.30 horas na biblioteca). O primeiro convidado é Carlos Callón, profesor e presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüística.

A charla case coincide co nome do seu último libro, ‘Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez'. Algo terá que ver...

Si, o que vou facer é utilizar o libro, que é un manual con consellos prácticos para falar un galego máis fluído, máis correcto, e centrareime nalgúns deles.

Como cales?

Por exemplo os consellos para colocar ben o pronome, ou para a pronuncia, para saber diferenciar ou ‘x' do ‘s', pois hai xente que dei ‘sunta' ou onte na radio falaban dun xuízo e parecía que o facían dun restaurante de comida alpina. Tamén as cuestións das vogais, que non se perdan as sete vogais do galego e diferenciar en que lugares se deben empregar as abertas ou as pechadas.

Consiga AQUÍ a información completa

Carlos Callón: ''Aún no hay igualdad de derechos para las personas...
Comentarios