martes. 19.10.2021 |
El tiempo
martes. 19.10.2021
El tiempo

Carlos Blanco: ''Me tarda volver a saborear el Pastor Díaz, ¡es tan bonito!''

Carlos Blanco.(Foto: SEBAS SENANDE)
Carlos Blanco.(Foto: SEBAS SENANDE)

Un dos actores máis aplaudidos do panorama galego chega a semana que vén á cidade do Landro para compartir a súa maxia no escenario cun grupo de alumnos dentro das accións formativas Buxiganga 2012. Non foi doado traelo, pero o teatro vivariense tira moito.

xusto dentro dunha semana Carlos Blanco pisará o teatro Pastor Díaz, do que se confesa namorado, pero non para actuar, senón para ensinar a facelo.

En que vai consistir este curso?

É a primera vez que vou dar un curso, pedíronmo unhas cantas veces e desta dixen que si por insistencia e porque tamén está ben probar, ver se un é capaz de facelo. O que pasa é que máis que dar un monólogo eu prefiro facer algo previo: a relaxación e a improvisación escénica. No teatro e nas actuacións moitas veces hai que improvisar, aparecen imprevistos, o público non sempre está calado... e antes de atoparse cun teatro marabilloso e 400 espectadores pagados terán que ir a un bar onde hai xente á que non lle interesa o que estás facendo.

E que destrezas lles pode transmitir aos alumnos?

A miña maneira de traballar ten que ver ca potencia de ter unha imaxe na cabeza. Creo que podemos xogar con esto e que os rapaces ou a xente que veña, que polo que teño sabido é moi variopinta, de máis profesionais a menos, entendan que a base deste oficio é xogar. É moi divertido.

Cal é a súa arma para gustar?

O meu segue sendo un misterio, porque a xente enche os sitios onde actúo. Eu o que fago é reflexionar en alto, dar a miña visión sobre as cousas en clave de humor, aínda que fíxate que algo superficial como é o humor pode crear conflitos internacionais, como pasa en Francia cas viñetas de Mahoma. Cos políticos aínda te podes meter, con banqueiros, machistas... pero cos musulmáns é un tema fastidiadísimo porque se ofenden e non entenden o que para nós é humor.

Hai alguén con quen lle guste meterse especialmente?

Ultimamente o que mellor me funciona é Manuel, o electricista da catedral. É un personaxe que me ten fascinado e vai ben para facer disfrutar ao público, porque hai unha fartura de políticos. O público disfruta máis con este tipo de personaxe, ou co ‘Robin Hood portugués’, un tipo que lle roubou a carteira a un dos da Troika.

Cando vai actuar a calquera lugar, estuda o mercado?

Non necesariamente; é máis intuición. O meu traballo consiste en estar informado, leo moitísima prensa e vexo moitas cousas que me chaman a atención, por eso cando vou aos sitios algo sei. Agora cos sistemas informáticos estando en Moscú pódese saber o que pasa en Mondoñedo.

Cambia a cousa dar un monólogo en Galicia e fóra?

Estou nese proceso, teño que adaptalo, entender que as referencias mudan e que tes que adaptarte ao público que tes diante.

Cal é o público ou espectáculo que lle deixou mellor sabor?

Quédome entre Lugo e Pontevedra. Se tivera que escoller estaría entre a atención do público de Lugo e o calor do de Pontevedra, esa mistura sería perfecta. E se teño que quedar cunha actuación, por moi especial, foi unha hai tres meses en Barcelona; un espectáculo benéfico no que me puxeron de cabeza de cartel e debaixo de min Serrat e Sabina, Buenafuente, El Tricicle, Berto e a bailaora María Pagés. E claro, nun teatro de 1.500 persoas cheo e saír de alí e facelos rir foi extremadamente divertido. Pedinlle unha foto a Serrat e díxome que non só me daba a foto, senón o máis tenro dos bicos, e pareceume un amor.

Gústalle Viveiro?

Fun menos do que me houbera gustado. O que me decidiu a facer o curso é que era no Pastor Díaz, que me gusta tanto, tanto, tanto! Teño actuado nel tres veces e a primeira nunca se me olvidará, porque ibamos facer a obra ‘Os Xustos’, que fala duns terroristas da Rusia zarista que poñían bombas, e cando ibamos parounos a Policía, mirou o maleteiro e viu o atrezzo cas cousas raras do teatro. Foi a primeira vez no Pastor Díaz e xa me tarda saborealo outra vez. É tan bonito!

Carlos Blanco: ''Me tarda volver a saborear el Pastor Díaz, ¡es...
Comentarios