Carlos Blanco: ''En las orillas de la seriedad está el humor''

Carlos Blanco

Con máis de 30 anos de traxectoria no mundo da interpretación, Carlos Blanco aterriza este martes en Muimenta, ás 20.30 no centro cultural, para presentar o seu traballo: ‘Carlos Blanco, vivo de momento’, un monólogo co que inaugurará a programación da XXII Festa da Filloa. 

facer rir a xente non é tarefa sinxela, e menos nos tempos que corren. A pesar diso Carlos Blanco -o recoñecido actor da serie ‘Mareas Vivas’ que leva máis de 30 anos dedicado a interpretación- continúa na súa entrega co público, tentando a través dos seus monológos facer gozar a xente. A súa próxima parada será hoxe no centro sociocultural Manuel Gesto Varela de Muimenta, onde xa están inmersos nas celebracións dunha nova edición da Festa da Filloa.

Coñecía esta festa gastronómica?

A verdade, non coñecía esta celebración, pero si oín falar e ben das xentes de Muimenta, da súa organización, da súa capacidade... Prestábame vir e, aínda que non o adoito facer, propúxenlles eu mesmos a actuación e, finalmente, aceptaron.

Adoita asistir a estas celebracións? Que lle parecen?

Parécenme as romaxes contemporáneas. Se cadra decaeu a fe nas milagres, pero na filloa temos fe unha enorme maioría, penso, e dito con todos os respetos. Adoito ir a elas cando me convidan a dar o pregón, cousa que por fortuna xa sucede poucas veces, non é o meu forte, digamos que son máis de sábado á noite que de domingo á mañá. Ademais, ao ser unha persoa coñecida polo traballo da tele, fai que non resulte cómodo ir, é difícil pasar desapercibido e o tema das fotos e a amabilidade da xente pode resultar excesiva se a mesturas con algo de resaca...

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios