La cantante luguesa Lilí dos Toxos pasa a la segunda fase del ‘Britain’s got talent’

Lilí dos Toxos, na Gala do Deporte Lucense de 2012. (Foto: Sebas Senande / AEP)
photo_camera Lilí dos Toxos, na Gala do Deporte Lucense de 2012. (Foto: Sebas Senande / AEP)

Lilí dos Toxos é unha cantante versátil que fai versións moi persoais dos estándares do jazz e do soul que interpreta no ‘Luar’ da Televisión de Galicia un ‘Ojos verdes’ en zocas e con ‘caracolillo’ na perrera. Esta cantante de Cedofeita (Ribadeo) vén de anunciar na súa conta de Twitter que logo de participar nunha audición para ‘Britain’s got talent’ pasa á segunda fase do programa, que terá lugar a partir do mes de febreiro.

Os habituais dos locais de música en directo de Galicia coñecen como se manexa Lilí dos Toxos nas distancias curtas, como solista ou en compañía de outros: Miki Nervio and The Bluesmakers, Estandarte Jazz Dúo, por exemplo son algúns dos compañeiros de viaxe desta cantante que, desde hai un tempo, procura «cumprir o seu sono», di no seu perfil de Twitter en Londres.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios