''Cando unha cheminea fumeaba, era que había un novo veciño''

PARA LIMPAR o lavadeiro había un testemuño que se ía pasando. Cando unha cheminea dunha casa nova fumeaba, significaba que había un novo veciño e de xeito inmediato pasaba a formar parte do circuíto de xente que limpaba o lavadeiro.

Eduardo Fernández / Bidueiros / Cervo

Todo tenía allí un cálido aroma de vida, de heno seco, de estiércol, de establo y aliento de las vacas. Cuando despertaba oía el canto de los gallos o el rumiar de las vacas que tenían su establo debajo de mi cuarto. En cuanto saltaba de la cama, mi felicidad era salir al campo, casi siempre en compañía de los pastores que apacentaban el ganado. Si era por tiempo de primavera, me dedicaba a buscar nidos; si en verano, andaba con los segadores del heno o volvía a casa sobre el alto lecho de los carros desbordados de hierba; en otoño, cuando llegaba el tiempo amarillo de los membrillos, bajaba hasta las riberas del Miño para ver cómo se hacía la vendimia por los cotos de Grazán o La Abelaira.

Luis Moure Mariño / Freán / O Saviñao

Un dos curas cos que me criei era de Luaces, en Mosteiro. E eu, cando aínda era pequena, ía andando cos músicos desde Bolaño ata Luaces, por Montecubeiro e baixando a Veiga.

Ramona Nogueira Cortés / Bolaño / Castroverde

Daba moito gusto escoitar os aturuxos dos nenos que andaban coas vacas ao outro lado do río. Ou unha muller que pasaba pola corredoira cantando. Ou un home que asubiaba a calquera hora e por calquera circunstancia. Tamén era moi bonito o canto do carro cando chegaba cargado de estrume ou de leña, á beira da noite. Cantaba porque rabeaba por non ter o eixe ben engraxado. O piar dos pitiños detrás da mamá galiña era todo un espectáculo. Os lagartos subindo polos valados cando había sol. E outras cousas polo estilo.

Mercedes Cachaza Platas / Guitiriz

Hai sesenta anos eramos uns cincuenta veciños. Hoxe hai moi poucos. Foron morrendo, marchando. Hai moitas casas baleiras.

Adelina Fernández Ferreiro / Piñeira / A Fonsagrada

Levei persoalmente a miña nai a Galicia. Acompañeina a Santo Tomé, en Lugo. Non é fácil contar o que é aquilo. Pareceume estar ante un espectáculo bíblico, sinxelo e grandioso. As casas da aldea, os seus homes e mulleres, ata os animais, adquiren unha singular forza pura, primitiva. A miña nai e a min recibironnos con mostras de afecto inenarrables. Era como unha homenaxe aos que voltan coa lealdade dos permanentes sentimentos de amor e agradecemento ao lugar de orixe. Non debían saber, seguramente, que eu era actriz. Eu era naquel intre a filla de Gabriel e Amadora, e iso era motivo de festa en toda a aldea. Todos nos fixeron agasallos. Agasallábannos, cantábannos. E ata unha cabra soa nun penedo, semellaba feliz....

Delia Garcés / Santo Tomé / Cervantes

Aprovechando las vacaciones de verano, me dedicaba a recorrer distintas parroquias de Vilalba haciendo visitas a diversas personas que periódicamente acudían al establecimiento de mi padre a hacer compras de géneros. Entre ellas, escogía a las que por su carácter y ternura consideraba más interesantes. Al señor Lamzán, de la parroquia de Tardad, hombre de elevada estatura con porte señorial, arrogancia y talante. A la esposa del señor Vérez de Santaballa, que me impresionaba con su afabilidad y sencillez. Al señor Camba de Goiriz, abuelo del actual alcalde de la villa...

Jesús de Paz Cabo / Vilalba

Hoy hay poquísima gente en el campo. Debería volver la que se marchó porque todos emigraron. Hoy la mayoría son ancianos. La gente joven, uno se ha hecho médico, ingeniero. Este es el defecto y la gran alegría de lo que se hizo en el campo. Las que se han quedado son tan buenas, tan pacíficas que estás a gusto con ellas. Tú ahora entras en casa de un paisano y tienen unas casas estupendas y otra conversación que no son las vacas y las ovejas.

Concepción Teijeiro Revilla / Lugo

Este pobo está formado por O Torrón, que pertence ao concello de Pantón; A Granxa, que naceu coa chegada do tren e depende de Carballedo; Casdavil de Arriba e Casdavil de Abaixo, onde se encontra a igrexa de Nosa Señora do Pilar dos Peares, do concello de A Peroxa, e O Mesón, dependente de Nogueira de Ramuín. Os catro núcleos deron orixe a Os Peares, fundido no pregamento xeolóxico formado polos montes de Bazal, A Picota, A Moura e Beacán. O problema administrativo deste pobo, onde se mesturan as augas do Miño, o Sil e o Búbal formando unha cruz perfecta, é grande porque se reparten dúas provincias, tanto no civil coma no eclesiástico: Lugo e Ourense.

Nicanor Rielo Carballo / Ferreira de Pantón

O corvo cría na pena e para a pena tira... A Ferreiría non ten máis industria que o balneario nos meses de verán. A agricultura na veiga é rica pero non abonda. Por iso emigraron os nosos fillos. A miña casa é a derradeira deste picouto e a pena que ve aló enriba chámase a pena dos Catro Cabaleiros por ser o límite dos condellos de A Póboa, O Incio, Samos e O Caurel.

Manuel López do Cimeiro / Hospital do Incio

Meus pais, nados nesta parroquia tranquila, acolledora e con boas iniciativas de cara ao devenir, influíron dun xeito decisivo na miña ligazón con esta entidade social. Así, desde neno, viña a miúdo a pasar longas tempadas a Casa da Lamela en Carballido, en Pacios (Begonte). Alí, tiven aínda a sorte de coñecer a miña avoa materna, e manter relacións agarimosas cos meus tíos e madriña e, logo, cos meus curmáns.

José Manuel Blanco Pardo / Begonte

Se o queren levar para Alfoz son o primeiro que digo que non, a pesar de que nacín alí. Para o tempo que me queda, diría que o leven para O Cadramón, aló para o Alto da Furna... pero é moito máis Ferreira que Alfoz, máis grande, aquí está a Garda Civil e temos un concello marabilloso; tería que vir Alfoz para aquí.

Sergio Fernández / Alfoz / Recaré (O Valadouro)

Desde os desprazamentos do domicilio á igrexa había a canteira de Lourixe. Facíannos a prevención de que non nos achegásemos á canteira que era un perigo, prevencións lóxicas que nos entendiamos.

José Antonio Labrada Losada / Pol

Terminadas las noticias de la finca se hizo un recorrido por el censo de la parroquia, nacimientos, matrimonios y defunciones, no sólo de San Julián sino también de Cospeito y Triabá, en la que también había propiedades, y cerca de las ocho, se rezó el rosario que guió nuestro hermano Enrique, y terminado, pasamos a cenar.

Amador Montenegro López-Saavedra / Castro de Rei 

Antoloxía da Memoria de Lugo:El Progreso: luns, mércores e sábados.TeleLugo: martes, ás 22,00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius.

Comentarios