''Cuando me divorcié tuve que escuchar muchos insultos a la cara''

Nado en 1950 no barrio do Porto, San Martiño, Xesús do Breogán é un personaxe en Foz. A música e a fotografía son dúas das grandes paixóns dunha persoa cun marcado carácter galeguista.

A PATRIA de Xesús do Breogán (Foz, 1950) é o seu pobo. Olla atrás lembrando aqueles anos nos que estudiaba no colexio Martínez Otero e daba os seus primeiros pasos na música. Traballou na imprenta moitos anos e agora mira ao pasado con nostalxia e ao futuro con prudencia.

Cal era o mellor prato que cociñaba a súa nai, segundo escoitei unha gran muller nos fogóns?

Calquera. A cociña non tiña segredo ningún para ela. Toda a familia foi boa na cociña, tamén a miña avoa. Ela segueu moito as directrices de ‘Picadillo’, o libro de Manuel María Puga y Parga, alcalde da cidade da Coruña, que pesaba 280 quilos. O libro era do ano 1942.

Vostede tivo problemas de xordeira cando era cativo...

Si, ata os quince anos, porque nacín con iso. Logo operáronme das anxinas e escoito moito mellor. Foi unha cousa hereditaria, pola familia de meu pai eran todos xordos. Agora escoito para defenderme.

Causoulle problemas?

Si, os cativos no colexio burlábanse de min, falaban máis baixo para que non escoitara as conversas. Tampouco oía as explicacións dos profesores e á hora de participar nos xogos tamén estiven bastante marxinado. Tampouco escoitaba a televisión cando chegou, daquela tiña doce anos.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios