Cabe seme

A ZONA sur de Lugo é moi surrealista. Bóveda ten unha residencia de maiores no polígono industrial, o alcalde do Saviñao, Joaquín González, di que non cómpre terlle apego ó cargo -cando leva nel máis de 20 anos- e o porto seco de Monforte semella un gran banco de seme onde uns e outros caíron no onanismo

A suposta plataforma loxística de Monforte é obra de Dalí, o gran masturbador, e de sacudida en sacudida dos que por alí pasaron hai o que hai: un planeta sen vida por falta de ovocitos.

En doce anos só se sacaron a concurso os accesos. Este espazo intermodal resulta un claro exemplo do que son as promesas e actuacións políticas.

No 2001 Aznar presentou o proxecto. Dalí pintaríao sacando a minga e autocomplacéndose na área loxística. Despois por alí andaron Cuiña, Pin, Touriño, Quintana ou Feijóo.

Ata que se concrete a obra, os terreos do porto seco han de adicarse ó botellón e lugar apropiado para que os e as adolescentes se inicien en pecar contra o sexto en soidade.

A Xunta debe poñerlle un Noitebús e así seremos líderes en algo, como en Xenética Fontao co seme dos sementais. Cómpre aquí unha lembranza sentida para o touro Mario Xacobeo, que morreu sen coñecer muller fóra do vibrador.

Europa mirará con envexa este proxecto de I+D, de deixar atrás ese campo de xirasois murchos para ter unha obra en tres dimensións de Dalí.

Comentarios