Buscan sin éxito con perros adiestrados al bovedense desaparecido desde el jueves

O alcalde e especialistas de diversos corpos participan na busca. (Foto: Toño Parga)
photo_camera O alcalde e especialistas de diversos corpos participan na busca. (Foto: Toño Parga)

Un amplo dispositivo integrado por preto dun cento de persoas e por dúas brigadas da Garda Civil e da Policía que levan cans adestrados traballan dende a última hora do xoves na busca de Antonio González, un veciño da parroquia bovedense de Martín, que desapareceu cando estaba a dar un paseo coa súa cuñada.

O persoal que traballa cos animais centrouse en rastrexar a zona onde se lle perdou a pista ao home e en revisar un espazo forestal no que se agochara fai dous anos, cando tamén se escapara. Pero, as súas pescudas non tiveron éxito.

RECURSOS
O localizador GPS que leva non funciona

Antonio González leva con él un localizador GPS da Cruz Vermella, pero o aparello non emite sinal dende a noite do xoves na que o home desapareceu. Pode que se avariara ou pode que o veciño se agochara nunha zona na que non teña corbertura. Cando Antonio desapareceu fai dous anos, foi a luz vermella que emite este aparato a que alertou aos veciños de onde estaba.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios