''Buscamos que a xente de aquí non se marche comprar fóra''

ADE1812P139F1.JPG
photo_camera ADE1812P139F1.JPG

Como xurdiu a idea de crear a entidade?

Somos conscientes de que somos un pobo pequeño, pero con comercios de todo tipo, e o que intentamos é que a xente de aquí non se marche comprar fóra e, de feito, o noso lema ‘O teu carón’ xa intenta reflexar esta circunstancia.

Cantos socios son?

Unha treintena, pertencentes a tódolos sectores, que é unha cifra importante, xa que supón máis do oitenta por cento do comercio que existe no concello?

Xa fixeron actividades?

Si, o primeiro que fixemos foi un certame entre os escolares para elexir o eslogan e máis o anagrama da formación e tamén fixemos un sorteo dunha cesta de productos típicos do Entroido coa da Once do domingo.

E que máis teñen pensado?

Temos interese en facer máis cousas, pero iremos vendo, porque temos o problema da financiación, porque acceder a subvencións é moi complicado nestes momentos. O que si temos decidido xa é un bingo nos bares para os sábados 10, 17, 24 e 31 de marzo, en colaboración con Radio Valadouro, no que se sortearán 150 euros en vales de compra para gastar nos comercios asociados.

Comentarios