Burela convoca o certame infantil de narración e debuxo das Letras Galegas

A biblioteca pública de Burela acaba de convocar a fase local do certame deste ano de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2011. Nel poden participar todos os nenos ata os 16 anos nas distintas categorías (ata 8 anos; de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos) con narracións en galego cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara e con debuxos feitos en cartulina de tamaño DIN A-4. O tema nos dous casos desta edición é a mentira.

Cada autor pode presentar tantos traballos como desexe ata o vindeiro 9 de maio na biblioteca, acompañados dunha folla no que se recollan os seus datos persoais.

O xurado seleccionará tres traballos en cada modalidade que pasarán á fase provincial do certame que convoca a biblioteca de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia. O nome dos gañadores do certame burelés darase a coñecer días antes da celebración das Letras Galegas.

Comentarios