Brochadas naturais da Terra Chá

Pilar Díaz Cupeiro e José Grandío, na habitación que ten un mural da ponte de Saa de Vilalba. (M. MANCEBO)
photo_camera Pilar Díaz Cupeiro e José Grandío, na habitación que ten un mural da ponte de Saa de Vilalba. (M. MANCEBO)

Imaxes que intentan reproducir a riqueza natural e arquitectónica da comarca chairega. Murais que invitan aos visitantes a coñecer os recantos ocultos dunha zona rica, próspera, con lugares tan agradecidos á vista como a Lagoa de Cospeito, a Ponte de Saa de Vilalba ou a fervenza do Arnela, en Abadín.

Estas postais acrílicas, que fan un breve pero intenso percorrido pola comarca, forman parte dunha iniciativa levada a cabo no hostal Terra Chá de Vilalba -aloxamento que conta con varios galardóns concedidos polos seus propios clientes-, grazas ao traballo desenvolvido pola artista cospeitense Pilar Díaz Cupeiro.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios