CENTROCAMPISTA DO CASTRO

Borja Rasilla, hat trick e remontada no Arturo Pereiro

PRIMEIRA GALICIA
Unha imaxe do centrocampista do Castro, Borja Rasilla. Foto: EX
photo_camera Unha imaxe do centrocampista do Castro, Borja Rasilla. Foto: EX

O Castro agárrase á segunda posición despois de remontar na casa contra o Riotorto. Borja Rasilla foi unha peza clave para levarse tres puntos moi importantes para a clasificación. O centrocampista empatou o partido nun centro de cabeza  e antes do descanso fixo o 2-1 tras un rexeite. Como non hai dous sen tres, Rasilla conseguiu o hat trick na segunda metade, nun man a man contra o porteiro mariñao.