Dianteiro do San Ciprián

Borja Mella Castro foi responsable de tres goles do seu equipo ante o Roupar

Segunda Galicia Norte
SANCIPRIAN_BORJA
photo_camera SANCIPRIAN_BORJA
O San Ciprián deu un golpe na mesa cunha vitoria ampla sobre o Roupar. O partido púxose de cara con dous goles nos primeiros minutos da primeira parte, que se completaron cun terceiro antes da pausa, dous deles de Borja. Ese dominio do marcador deixou unha descafeinada segunda metade, máis igualada, pero no tramo final o Roupar achegouse cun penalti, aínda que Borja, de falta, firmou o hat trick, o que lle permite ao equipo mariñao ser cuarto na táboa.