Bipartidismo en xogo

O CABREO COS políticos pola mala situación que atravesa o país centra a diana nos dous máis importantes, un porque goberna agora e o outro porque o fixo antes. De aí que cando se foron coñecendo enquisas a inclinación era á baixa, proporcional ao ascenso aventurado para os dous seguintes. Pero segundo se aproximan as eleccións, esta tendencia vaise freando. E non é preciso ser meigo para concluír que canto máis se achegue o día de votar a separación será maior. Nesa diferencia estará a interpretación de se seguimos con bipartidismo ou non. Aquí PP e PSOE xóganse unicamente o primeiro posto, porque o número de deputados que consigan quedará diluído nun parlamento con representantes de 28 países e escasa operatividade; pero recibir máis apoio cidadán ca o outro significará afrontar en mellor situación os comicios locais do seguinte ano. Que eses si que son importantes.

Comentarios