A biblioteca municipal Enrique Rivera Rouco das Pontes retomou a campaña de dinamización da lectura Café con Libros, unha iniciativa que trata de achegar os libros aos bares para servir de gancho e ofrecer recomendacións aos clientes.
Anabel Alonso, a responsable da biblioteca, iniciou esta campaña en 2013 co obxectivo de achegala á xente. Cada primeiro luns de mes trasládase a un bar da localidade, cargada de libros e con decenas de copias dun boletín mensual de propostas, que reparte entre os clientes que se pasan polo bar.
Consiga AQUÍ la información completa |