Bernardo Fraga: ''Queremos dar un impulso a los grupos de gaitas y danza''

Bernardo Fraga é o novo presidente da asociación cultural e deportiva Penalba de Celeiro

Como afronta esta nova etapa como presidente de Penalba?

A verdade é que con moita ilusión e ganas de facer cousas positivas para a asociación. Eugenia, a antiga presidenta, dixéranos que estaría ben que continuasemos con Penalba, xa que ela levaba moitos anos no cargo e como nós formaramos durante anos parte da asociación e tamén andabamos co colectivo Chilindrín pois pensaba que era unha boa opción. A inquietude cultural sempre está ahí e, polo tanto, non podiamos decir que non.

Cales son os principais obxetivos a levar a cabo?

O que buscamos é revitalizar Penalba, xa que nos 90 foi unha gran referencia cultural e deportiva. Queremos recuperar o club de remo, que agora so ten unha representación de veteráns, e o mesmo queremos facer co grupo de danzas e o de gaitas, darlles un impulso.

E cal sería o principal proxecto a realizar?

Sen dúbida sería o de unir nunha soa asociación a Penalba e a Chilindrín. Iso serviría moito para todos os celeirenses, xa que habería máis actividades e programación debido a que contariamos con bastante xente para organizar cousas.

Comentarios