Benvidos á racionalidade horaria

POIS non era tanta tolemia reclamar o cambio de huso horario. Os que levamos lustros defendendo que Galicia estea coa mesma hora ca Gran Bretaña e Portugal, pola lóxica de Greenwich, non por ningún outro exercicio perverso, tiñamos a sensación de proclamar no deserto as bondades desta razoable medida. Nada tiña nin ten que ver con que a actual hora fose decidida na época de Franco por simpatías coa Alemaña nazi (1942), nin sequera pola posible proximidade cultural a Portugal, senón por algo no que asegura basear a súa política o presidente Rajoy, o sentido común. Non eramos entón tan perturbados nin visionarios como nos catalogaron, máis ben chocabamos co inmobilismo rancio contrario a calquera movemento que signifique cambio, aínda que sexa para ben. Benvidos entón á racionalidade de ir acorde co sol, aínda que cada un se deite cando queira.

Comentarios