Begasa invierte en Vilalba 58.000 euros en la mejora del suministro eléctrico

A compañía eléctrica Begasa acaba de investir 58.000 euros, do Plan Tarifa 2007, para mellorar o subministro eléctrico no concello de Vilalba. O proxecto, a través do que se levaron a cabo as operacións de remodelación e modernización do centro de transformación Campo da Feira, mellorará a calidade do servizo a máis de 5.000 habitantes da capital chairega.

Os traballos centráronse na demolición da antiga construción que albergaba o centro de transformación e na instalación dun edificio novo co mesmo fin. Adicionalmente, fixéronse outras melloras, como a instalación de interruptores telemandos, que posibilitan unha actuación máis rápida na localización e illamento das posibles avarías e menores molestias para os usuarios.

O proxecto de Begasa en Vilalba, ademais, mellorou a seguridade das instalacións e o impacto visual no entorno do casco urbano.

Comentarios