Barrio: ''Empezamos en el sofá con la acústica y cuando nos dimos cuenta teníamos un repertorio''

Rocío Barrio Buceta  é vocalista de ‘Maltine’, dúo no que Pepe Hombre está á guitarra e ás bases. A demo foi gravada no salón da casa e pódese escoitar en Soundcloud, Facebook e www.maltine.es

¿Un sinónimo de Galicia?
Casa.

¿Que quería ser de pequena?
¡Pluriempregada! Tanto faría unhas mechas como comporía cos ritmos de Casiotone. O problema é que sigo pretendendo o mesmo.

¿Unha película?
Pulp fiction, ata que a Paramount empezou a repetila cada 2 días.

¿Un grupo de música?
Gústanme moito The Kills.


¿E un libro?
O Principiño.

¿Como nace ‘Maltine’?
Un pouco por casualidade, o verán pasado nun sofá para encher as tardes ociosas. Empezamos coa acústica e logo deunos por forzar co ordenador e meter bases, efectos e pasalo a eléctrico. Cando nos demos de conta tiñamos Maltine.

¿É duro ao principio?
R Agora é duro en calquera proxecto. E máis na música e a cultura. Este verán presentamos a maqueta en acústico por locais pequenos. Imos ao Grove, Fisterra e Ribeira.

¿A que soa ‘Maltine’?
Gústanos cualificarnos de experimento. Aínda estamos buscando o noso son porque nos gustan cousas dispares, pero sempre tirando cara ao rock alternativo lo-fi.

Comentarios