Barreiros aposta pola educación para todos

María Outeiro, Antonio Veiga, Sandra Novo e Tamara Rubiños (Foto: AMA)
photo_camera María Outeiro, Antonio Veiga, Sandra Novo e Tamara Rubiños (Foto: AMA)

O colectivo Ollomao promove esta iniciativa, sen precedentes en España, que se desenvolverá nas antigas escolas do interior de Barreiros co obxectivo de ofrecer formación práctica ós alumnos, sen ter en conta a súa idade ou os seus estudos.

NUn momento no que o debate sobre o sistema educativo está máis de actualidade ca nunca, resulta tremendamente alentador ver como desde un concello mariñano como é o de Barreiros xurde unha iniciativa completamente innovadora que pretende abrir novas vías para compartir coñecementos: a Universidade Rural. O colectivo cultural Ollomao e a Deputación fixeron posible a existencia deste proxecto, que pretende revitalizar trece escolas rurais devolvéndolles a súa actividade e dando formación de carácter práctica a todo aquel que a solicite, sen importar a súa idade ou o seu nivel de estudos.

O obxectivo é precisamente achegar o coñecemento ó rural, pero tamén apostando polo propio, polo que serán docentes barreirenses ou de concellos limítrofes os que se encargarán de impartir as clases, tendo contidos máis propios do ensino superior e que, por tanto, dificilmente se poderían dar nun núcleo non urbano. Os coñecementos que se imparten, nembargantes, si teñen unha gran utilidade práctica no día a día dos alumnos e reciben o nome de sementes. En total son cinco as formacións que se ofertan: Ciencias sociais, xurídicas e económias; Enxeñería do medio rural; Ciencias da saúde; Ciencias da comunicación e a opinión pública; e Producción artística e publicidade. Todas estas opcións contarán cun dúas horas de clase semanais.

ESTADÍSTICAS. O 56% dos veciños non ten secundaria

  • A tenor dos datos que amosa o Instituto Galego de Estatística (IGE), máis do 56% da poboación de Barreiros non dispón de título de bacharelato, Eso ou EXB. Ademais, un 12% dos veciños non chegou nin a completar cinco anos de escolarización. Sen dúbida trátase duns datos preocupantes que amosan que no interior é necesario establecer novas formas de promover o ensino. A Universidade Rural postúlase como unha vía novidosa, orientada a facer chegar os coñecementos axeitados onde verdadeiranmente son necesarios.

 

EN PRIMEIRA PERSOA
Teresa Rubiños, presidenta da asociación cultural Ollomao:
«O obxectivo é que a xente que se tivo que ir regrese para ensinar»

Toda esta innovadora proposta non sería posible sen o entusiamo que caracteriza ó colectivo cultural Ollomao. O seu afán por facer do rural barreirense un lugar con máis opcións e posibilidades tradúcese na súa proposta máis arriscada á par que innovadora. Como todo o novo, o máis importante é dalo a coñecer. 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios