sábado. 23.10.2021 |
El tiempo
sábado. 23.10.2021
El tiempo

Barbadelo o la Cremona lucense

Xermán Arias, traballando no seu obradoiro (Foto: Vila)
Xermán Arias, traballando no seu obradoiro (Foto: Vila)

Formado por só trece casas, o núcleo sarriano de Vilei, pertencente á parroquia de Barbadelo, foi berce durante o último século de catro luthiers, unha singular tradición artística arraigada ao pé do Camiño Francés.

a cidade italiana de Cremona, epicentro mundial da luthería grazas ao asentamento de familias coma Stradivari ou Guarneri, ten o seu parangón a pequena escala en Barbadelo, no concello de Sarria. Nesta parroquia, xa citada no Códice Calixtino, forxáronse no último século catro fabricantes de instrumentos, toda unha singularidade influenciada a partes iguais pola propia ruta xacobea e a figura pioneira de Paulino Pérez.

«Per cápita hai máis luthiers en Barbadelo ca en París ou en Cremona». Quen se expresa así de rotundo é Xermán Arias, último herdeiro desta tradición. A súa casa, no núcleo de Vilei, dista apenas uns metros da vivenda na que naceu, aló polo 1907, Paulino Pérez Sánchez, considerado o primeiro fabricante de instrumentos da zona, quen estaría chamado a desenvolver un papel vital na recuperación da zanfona en Galicia.

PRECEDENTES
A Escola de Barreiros, un trampolín para esta arte

A historia dos luthiers en Sarria está moi vinculada á Granxa-Escola de Barreiros, centro de ensino pioneiro fundado na ano 1939 por Antonio Fernández López. Para este colexio construíu Paulino Pérez Sánchez catro instrumentos musicais que acabarían por converterse no lanzamento da súa longa carreira.

Consiga AQUÍ la información completa

Barbadelo o la Cremona lucense
Comentarios