domingo. 24.01.2021 |
El tiempo
domingo. 24.01.2021
El tiempo

Baixan as temperaturas nun mércores con choivas ocasionais na Mariña

Mapa con la previsión de Meteogalicia
Mapa con la previsión de Meteogalicia
Os termómetros na capital lucense oscilarán entre os cinco graos de mínima e os doce de máxima

Galicia continuará este mércores baixo a influencia dun anticiclón, polo que se esperan ceos con intervalos de nubes medias e altas, máis densas no norte. Ademais, haberá algún chuvasco ocasional na comarca da Mariña lucense. 

En canto aos ventos, segundo a información da web de Meteogalicia, soprarán desde o nordeste e serán frouxos no interior e moderados na costa. 

As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, aínda que as máximas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado. De feito, nas grandes cidades galegas, ao longo do día os termómetros caerán ata os cinco graos de mínima en Lugo e Ourense, os sete en Santiago e os oito en Pontevedra. En canto aos valores máis altos, rexistraránse en Vigo (18 graos), seguida de Ferrol e a Boa Vila con 16º. Na capital lucense non superarán os 12 graos.

Baixan as temperaturas nun mércores con choivas ocasionais na Mariña
Comentarios