sábado. 06.06.2020 |
El tiempo
sábado. 06.06.2020
El tiempo

Axustes leves en vez de castigos sanitarios

CERTO que en ocasións os pacientes usan mal a sanidade pública. Verdade é que algúns non acoden á cita fixada e non o comunican cando así a outro se lle podía adiantar; que se achegan a urxencias dun hospital en vez de facelo ao punto de atención continuada onde perfectamente poderían ser tratados das súas doenzas; que hai veces nas que se abusa da asistencia médica quizais por non decatarse de que é un custo para todos. Certa é a conveniencia de eliminar ou atenuar estes costumes, pero non vaia ser que coa coartada de intentar cambialos se estea encubrindo un recorte que puidera afectar á saúde, pois un enfermo podería non achegarse a urxencias dun hospital por temor a que lle cobren e así agravarse o seu estado. Que haxa excepcións de mal uso non quere dicir que o sistema falle, simplemente que hai pequenos axustes do engrenaxe que é preciso afrontar. Non máis.

Axustes leves en vez de castigos sanitarios
Comentarios