domingo. 22.09.2019 |
El tiempo
domingo. 22.09.2019
El tiempo

Axuda social para renda política

A POLÍTICA vai cambiando de estratexia e cada vez máis, aproveitando a época de crise económica, recórrese á axuda social como viveiro de votos, que se suma á vella táctica utilizada para estender ideoloxías, e todo baixo o paraugas de bondade que se presupón a estas accións.

En Gaza boa parte do éxito de Hamás entre a poboación vénlle dada pola súa rede de beneficencia repartidora de dádivas, e en distintos países de Europa partidos de ultradereita utilizan ultimamente o mesmo sistema para gañar protagonismo apelando á necesidade, pero exclusivo para nativos, en contraposición ao que consideran tea de favores económicos só para inmigrantes, principais usuarios de bancos de alimentos e demais organizacións benéficas que en xeral usurpan o labor do Estado de distribuír a riqueza global e pola contra recorren á caridade como método contributivo. Prácticas perniciosas.

Axuda social para renda política
Comentarios