“A aventura épica de ‘El pequeño mago’ ten lugar en Tui na súa época de esplendor”

P ¿Que quería ser de pequeno?
R Sempre quixen ser director de cine.

P ¿Un libro?
R Calquera de Álvaro Cunqueiro.

P ¿Un filme de animación?
R La bella y la bestia (Disney) e La princesa Mononoke (Miyazaki).

P ‘El pequeño mago’ conta a historia dun neno mago que rexeita os viquingos tras asaltaren Tui. ¿Por que sitúa a historia nesta vila?
R Ademais de que medrei en Tui, o pasado da cidade coincide ben coa historia de aventura épica que quería contar, do tipo dun relato de Dumas. Tui formou parte da época do esplendor galego. No século XII era o punto do conflito da separación entre Galicia e Portugal. Tamén foi atacada polos viquingos.

P ¿Por que recorreu á animación en 2D, debuxo a debuxo?
R Malia que foi moi pesado debuxar cada ilustración, estou contento do resultado do 2D. Achega unha liña clara ao filme animado que se parece ao estilo de debuxo do belga Hergé, creador de Tintín. As personaxes parecen caricaturas e as paisaxes son moi detalladas. Ademais, esta técnica tradicional permite que a película dure máis no tempo. O 3D ten máis caducidade: o que ano pasado era bo, este ano xa está pasado de moda.

Roque Cameselle

Nado en Vigo en 1981 é un escritor e director de cine. A película El pequeño mago é a súa primeira longametraxe. Está baseada na súa novela Bieito Dubidoso e foi estreada o 15 de novembro. Xa está preparando outra película

Comentarios