Aumenta la valorización energética de residuos urbanos en los países más avanzados de la UE

A oficina estatística europea Eurostat deu a coñecer os últimos datos dispoñibles relativos á xestión de residuos urbanos no contorno europeo durante o ano 2011, acreditando a través deles o incremento global da valorización enerxética en un punto, pasando dunha media do 22% ao 23%, circunstancia que permitiu baixar o vertido na mesma porcentaxe (do 38 ao 37%). Pola súa banda, a reciclaxe e a compostaxe continúan nos mesmos niveis do 2010, é dicir, no 25 e 15% respectivamente.

A incineración con recuperación de enerxía sobe de forma considerable en países punteiros como Noruega, ao pasar do 41 ao 57% (16 puntos), en Bélxica e Austria, do 37 ao 42% no primeiro caso e do 30 ao 35% no segundo (5 puntos), así como en Suecia, do 49 ao 51 por cento (2 puntos).

Tamén é significativo o incremento en Luxemburgo e Finlandia, con 3 puntos en cada suposto (do 35 ao 38% e do 22 ao 25%). E asimismo en Italia e Portugal, con 2 puntos (do 15 ao 17% e do 19 ao 21%).

Estas cifras veñen a corroborar que os países máis avanzados e comprometidos co medio ambiente seguen apostando pola valorización enerxética como o tratamento máis recomendable para a parte non reciclable dos refugallos; unha estratexia que lles permitiu chegar a niveis de vertido meramente  testemuñais (entre o 1 e o 3%), contando á vez con elevadas porcentaxes de reciclado (entre o 28 e o 36 por cento).

En España a situación non mudou respecto ao 2010, mantendo os baixos niveis de incineración (9%) e reciclaxe (15%) e tamén as altas cotas de vertido, perpetuadas no 58%, unha taxa contraria ás actuais políticas de xestión de residuos, que relegan o vertedoiro ao último lugar polo seu notable impacto sobre o medio ambiente e a saúde das persoas.

A tendencia á baixa da compostaxe evidénciase claramente no caso de Bélxica, Austria, Noruega e Dinamarca, cunha diminución que chega ata os 7 puntos neste último caso.

E é que as cifras recollidas por Eurostat non fan máis que reflectir o empeño de Europa por cumprir rigorosamente a lexislación vixente na materia e, máis concretamente, a Directiva 2008/98/CE, a través da cal se establece unha xestión xerarquizada do lixo na que se prioriza a prevención e a redución, tendo continuidade coa reutilización, a recuperación (material e/ou enerxética) e o vertido. Isto significa que, trala rigorosa aplicación do principio dos tres erres, os Estados deben aproveitar a enerxía contida nos seus refugallos, evitando que esta acabe desperdiciada en vertedoiros.

Máis valoración e menos vertido

Sogama expón nunha nota de prensa que toma como referencia a normativa máis esixente, respondendo con contundencia aos requisitos contemplados na mesma. Porque no seu empeño “está recuperar enerxeticamente a maior cantidade posible de lixo non reciclable, evitando o seu depósito en vertedoiro. Tanto é así que o pasado ano ata logrou superar a capacidade nominal máxima de valorización do complexo medioambiental de Cerceda, establecida en 550.000 toneladas, conseguindo procesar no mesmo 554.317 toneladas, un 2,32 por cento máis que no 2011, circunstancia que fixo posible rebaixar os niveis de vertido nun 18,17 por cento. E se a comparativa se efectúa con respecto a 2008, estariamos a falar dun 15 por cento máis de refugallos tratados no complexo e un 38,29 por cento menos depositados en vertedoiro”.

E ese é o punto de referencia que marca a folla de ruta a seguir polo plan galego de xestión de residuos urbanos para o período 2010-2020, constituíndo un dos obxectivos do mesmo diminuír a utilización do vertedoiro, baixando do 53 por cento actual ao 24 por cento, ademais de reducir a produción de lixo nun 10 por cento e triplicar as porcentaxes de reciclado, pasando do 10 por cento actual ao 30 por cento.

O reto reside precisamente en destinar a vertido, única e exclusivamente, aquela parte dos desperdicios que non poden ser reutilizados nin reciclados, pero tampouco valorizados material nin enerxeticamente, polo que o máximo aproveitamento co menor custo constitúe a máxima a seguir.

Menos impacto

As plantas de incineración con recuperación de enerxía constitúen, no contorno industrial, as infraestruturas máis vixiadas nos seus aspectos medioambientais. Multitude de estudos e investigadores de diferentes organismos, entre eles a OMS (Organización Mundial da Saúde), quen definiu no seu momento a valorización enerxética como “un método hixiénico para reducir o peso e o volume dos residuos que tamén reduce o seu potencial contaminante”, avalan a plena seguridade destas instalacións.

E como exemplo dicir que, en términos globais, as emisións de dioxinas e furanos  supoñen, conforme aos inventarios nacionais, o 0,07 por cento do total destas sustancias. No caso de Sogama, o seu nivel de emisións representa a décima parte do límite legal. As altas temperaturas de combustión, superiores aos 850ºC, complementadas con potentes sistemas de depuración de gases, fan posible que todos os parámetros se sitúen en valores moi inferiores aos permitidos, propiciando unha operativa absolutamente respectuosa co medio ambiente.

Comentarios