Las aulas Cemit superan la cifra de usuarios prevista para este año

O amplo abano de cursos e actividades que a Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica Cemit ofrece de xeito gratuíto á poboación co obxectivo de romper coa fenda dixital que aínda existe e achegar coñecementos tecnolóxicos a todos os perfís esperta cada vez máis interese entre a cidadanía e chega xa a máis de 31.600 galegos, dos que 4.208 reciben formación na provincia de Lugo.



As 98 aulas públicas que integran esta ferramenta e que están esparexidas por 92 concellos da comunidade superaron xa en xuño a marca dos 25.000 usuarios previstos para todo o ano, o que dá boa conta do aumento da demanda e a boa acollida desta iniciativa case tres anos despois da súa posta en marcha.

E é que os cursos de formación dixital básica embarcan no mundo das novas tecnoloxías á aquelas personas que descoñecen o manexo dun ordenador e que, só en semanas, aprenden as chaves da informática, a navegar por internet ou a empregar o correo electrónico.

As clases de iniciación son unha das patas deste servizo impulsado pola Xunta, que tamén ensina a empresarios a crear unha páxina web propia para o seu negocio ou a dálo a coñecer a través das redes sociais e forma a persoas interesadas en emprender a través das novas tecnoloxías.

As aulas tamén ofrecen formación específica para o colectivo en situación de desemprego, con cursos sobre búsqueda activa de emprego nos que se ensina como crear un currículo e envialo a portais de ofertas laborais.

Os profesionais da informática son outro dos grupos aos que se enfoca a formación mediante cursos de especialización realizados en colaboración co Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia.

Existen ademais programas de instrución para os empregados públicos a través da Escola Galega de Administración Pública. En conxunto, as aulas que integran a rede ofreceron máis de 37.400 horas de formación dixital ata o pasado mes de novembro, nun ano a piques de rematar no que se impartiron  60 cursos en 13 itinerarios formativos.

A rede ofrece ás personas que non poidan acudir ás clases de xeito presencial a posibilidade de facer cursos a través da plataforma online Ema Espazo Multimedia de Aprendizaxe, de xeito que poidan formarse desde calquera punto con acceso a internet de xeito interactivo e sempre baixo titorización de profesionais.

Á marxe dos cursos, as aulas tamén actúan como espazos abertos a disposición dos usuarios da rede Cemit, que poderán utilizar de forma libre e gratuíta contando coa axuda dos axentes TIC.

As persoas interesadas en co ñecer o plan de formación e a carta de servizos poden obter toda a información na web http://cemit. xunta.es. A menos de media hora de distancia da súa vivenda atoparán unha aula na que superar calquera barreira relacionda co uso das novas tecnoloxías. O perfi l maioritario dos usuarios é o dunha muller de entre 45 e 65 anos e con coñecementos básicos.

Comentarios