viernes. 05.06.2020 |
El tiempo
viernes. 05.06.2020
El tiempo

A aula Cemit de Guitiriz promove cinco actividades formativas durante o mes de maio

Son gratuítas e abertas ao público en xeral

A aula Cemit de Guitiriz promoverá un total de cinco actividades formativas ao longo do mes de maio, gratuítas e abertas ao público en xeral.

O primeiro dos obradoiros arrincará este martes, en horario de 16.00 a 20.00 horas, e prolongarase ata o mércores. Os participantes nesta actividade poderán aprender a elaborar o seu currículo vitae.

Do 4 ao 9, en idéntico horario -todos os cursos serán de 16.00 a 20.00 horas-, impartirase un obradoiro destinado á búsqueda de emprego en internet.

Durante as seguinte dúas xornadas celebrarase un curso de comunicación en tempo real por internet e, a continuación, desenvolveranse outros dous relacionados coas redes sociais e a figura do community manager.

Os interesados en participar en calquera destas actividades formativas deberán inscribirse de maneira presencial na aula Cemit, no enderezo http://aulacemitguitiriz.wordpress.com, ou ben a través das distintas redes sociais.

A aula Cemit de Guitiriz promove cinco actividades formativas...
Comentarios