martes. 17.09.2019 |
El tiempo
martes. 17.09.2019
El tiempo

Atinar ao recuar

ACEPTAR que o Goberno só atina cando rectifica, como pregoan dirixentes da oposición aproveitando a conxuntura de que en dous meses o Ministerio de Xustiza recúa en dúas iniciativas, sería dun populismo maximalista carente de rigor; pero si é certo que non queda moi ben parado un executivo cando ten que dar marcha atrás, e máis por partida dobre e no mesmo departamento.

O que transcende destes cambios de parecer é que o ministro ou o seu xefe se decataron do risco de lexislar contra o que a sociedade require, porque eliminar os partidos xudiciais podería ser válido para algunha comunidade, pero desde logo non para Galicia nin para a xeralidade do país, e reformar a lei do aborto só serviría para satisfacer a unha minoría radical por unha cuestión ideolóxica extrema fronte a unha ampla maioría social. Gallardón parece que se enterou tarde, e quizais o seu xefe tamén.

Atinar ao recuar
Comentarios