Ata logo, amigo Cobas

Flores en un cementerio. PIXABAY
photo_camera Flores en un cementerio. PIXABAY

Non contaba que nos deixaras tan cedo para min e para miña familia, Rocío e Cristina. De verdade que deixaches unha profunda pegada en nós desde hai moitos anos. Polo ben que eramos acollidos na túa casa e polo trato familiar con nós e coa familia de Lopez de Villerín.

Eras boa persoa, simpático e acolledor con todos, e sobre todo con nós.Durante moitos anos rexentache a casa de Cobas en Villerín de Cubilledo, onde eu te conocín. Alí eramos moi aprezados. Tanto ti como a túa muller Inés sempre nos recibistes como Deus manda.

Desde a Ponte de Outeiro, tanto eu como Rocío e Cristina nunca te olvidaremos, nin tampoco olvidaremos a túa viúva Inés e a súa familia, e como non, os teus irmáns.

Termino estas palabras de agarimo dicindo que descanses en paz, que de verdade o mereces e tamén acompañamos a túa familia nesta perda tan grande para nós e para eles. Hasta aló, amigo Cobas, queriámoste e seguímoste querendo.

Comentarios