domingo. 27.09.2020 |
El tiempo
domingo. 27.09.2020
El tiempo

Asociaciones y concellos, a favor de los oficios tradicionales

Tapizado na Pastoriza (Foto. T.López)
Tapizado na Pastoriza (Foto. T.López)

Os oficios traidicionais teñen un peso importante na cultura galega, pero a modernidade, a tecnoloxía... levaron a que fosen esmorecendo pouco a pouco, deixándoos reducidos a algún que outro vello artesán e como divertimento en feiras e exposicións.

Mais neste século XXI estase a botar a vista atrás, nunha tentativa para pór en valor o traballo manual, na que as asociacións -ou outros colectivos- e o Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo camiñan da man. As primeiras poñen o interese, a xente e o material e o segundo custea o monitor ou a monitora, para entre todos darlle forma a uns cursos que recuperan os labores do pasado para darlles utilidade no futuro.

Exposicións e traballo en directo

A actividade permanente do Centrad en Lugo ten diversas ramificacións pola provincia. Ademais da organización dos cursos, á que se destina un orzamento total de 200.000 euros, o ente provincial promove diversas exposicións, algunhas delas itinerantes ou intercede para favorecer a presenza de artesáns traballando en vivo en festas e feiras da xeografía luguesa. 

Consiga AQUÍ la información completa

Asociaciones y concellos, a favor de los oficios tradicionales
Comentarios