La asociación A Pipa, de Becerreá, convoca un certamen literario de poesía y narración corta

A asociación cultural A Pipa, de Becerreá, vén de convocar o XIX Certame Literario nas modalidades de poesía e relato, narración ou conto breve.

A temática é libre, os traballos deberán estar escritos en lingua galega e poderán enviarse ata o día 23 de decembro ó enderezo Certame Literario A Pipa, Rúa Ancares, 57, 27.640, Becerreá (Lugo).

As poesías non poderán superar os 50 versos e a extensión dos relatos está limitada a cinco folios. En cada unha das modalidades haberá categoría infantil, para participantes de 8 a 14 anos; categoría xuvenil, de 14 a 18, e categoría Revista A Pipa, para maiores de 18 anos.

En cada categoría haberá primeiro e segundo premio, ademais dos accesits que o xurado considere necesarios.

O premio será unha figura de Sargadelos con placa inscrita, un lote de libros e un título acreditativo. Os galardóns entregaranse no transcurso da XIX Noite Poética, que organiza a asociación a Pipa e que terá lugar o mes que vén en Becerreá.

Comentarios