Teresa Pardo preside O Vencello de Burela, que celebra o venres unha xuntanza para renovar a directiva
O Vencello celebra o venres unha xuntanza para relevar a directiva.
Así é. Será na antiga biblioteca de Burela, ás 20.00 horas en primeira convocatoria e ás 20.30 en segunda.
Hai algunha candidatura para recoller o testigo?
Por agora non hai unha candidatura concreta, aínda que si sabemos que hai xente que podería estar interesada. Pola nosa parte, facilitaremos en todo o que podamos o relevo.