Lunes. 10.12.2018 |
El tiempo
Lunes. 10.12.2018
El tiempo

As choivas irán remitindo co paso da mañá

Despois do paso da fronte durante a madrugada, Galicia experimentará nas primeiras horas do xoves chuvascos, que ocasionalmente poderían vir acompañados de aparello eléctrico. 

Segundo informou Meteogalicia, estas precipitacións irán remitindo co avance da mañá, ao mesmo tempo que se irán abrindo grandes claros, que predominarán nas horas centrais do día. 

O vento soprará frouxo de compoñente sur, aumentando a intensidade co avance do día até chegar a refachos fortes pola noite no litoral da provincia da Coruña. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, mentres que as máximas descenderán entre lixeira e moderadamente. 

En concreto, por cidades, as temperaturas máximas oscilarán entre os 25 graos de Ourense e os 19 de Santiago, mentres que as mínimas estarán entre os 10 graos de Lugo e os 15 de Pontevedra. 
 

As choivas irán remitindo co paso da mañá
Comentarios