Artesanos de honra

Darío Xohán Cabana e Marica Campo, con vellos oleiros. (Foto: Pepe Álvez)
photo_camera Darío Xohán Cabana e Marica Campo, con vellos oleiros. (Foto: Pepe Álvez)

A capela de Santa María de Lugo acolle dende onte a mostra ‘Pasado e futuro da olería en Lugo’, na que se expoñen 140 pezas representantivas do traballo dos artesáns de Gundivós (Sober), Samos, Mondoñedo e Bonxe. A inauguración foi unha homenaxe ós oleiros lucenses que aínda viven.

Sete oleiros lucenses, vestixios vivos dun oficio en risco de desaparición na provincia, foron nomeados onte artesáns de honra na inauguración da mostra ‘Pasado e presente da olería lucense’, que, organizada polo Centro de Artesanía da Deputación, permanecerá aberta na capela de Santa María de Lugo ata o 3 de marzo.

Nicanor Lombao e Manuel Iglesias, de Bonxe; Carlos Iglesias, de Samos; os irmáns Obdulia e Daniel Rodríguez e Agapito González, de Gundivós e o sacerdote Pedro Díaz, de Mondoñedo, recibiron o recoñecemente público por ser testemuñas dun saber tradicional, herdado dos seus antergos e por conservalo e transmitilo ás novas xeracións. Precisamente, ó acto asistiron tamén os artesáns que manteñen viva esa tradición: Elías González Prieto e Tomás López González, de Gundivós; Josefa Lombao Ferro, de Bonxe e María Jesús López, de Mondoñedo,.

O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro; a deputada responsable do Centro de Artesanía, Regina Polín, e o comisario da mostra, Higinio Flores, foron os encargados de entregar os diplomas ós oleiros, mentras os escritores Darío Xohán Cabana, Xosé Otero Canto e Marica Campo leron poemas de Manuel María sobre a olería, co fondo musical das Cantigas de Alfonso X, interpretadas con pequenas caixiñas de música, réplica en miniatura das zanfonas do século XIII, elaboradas polos artesáns do Centro de Artesanía e Deseño.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios