Miércoles. 19.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 19.09.2018
El tiempo

Arranxar problemas ou atacar o rival

ANOS E ANOS de espera non encolerizan os veciños de Lugo, ou polo menos non exteriorizan esa irritación, se é que existe, diante de retrasos continuos. Será porque aquí trátase de facer obras e non de paralizalas, como ocorreu en Burgos. A pesar de que os inicios do plan Paradai se remontan ao século pasado, que parece que foi onte pero vai xa para quince anos, aínda non está acabado. O convenio asinouse en 1999, os avances foron lentos, os períodos de paralización longos e as dilacións acumuláronse ata chegar ao día de hoxe, no que o enfrontamento entre institucións de distinta cor política ten bloqueada a derradeira infraestrutura, a ponte que facilitará a saída de Lugo cara Asturias. E mentres, os veciños aceptamos un novo parón, non só os que viven na zona, senón todos, abúlicos ante uns políticos que parecen máis preocupados en bloquear o rival que na resolución de problemas.

Arranxar problemas ou atacar o rival
Comentarios