miércoles. 08.07.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.07.2020
El tiempo

Armando Requeixo asegura que Díaz Castro es ''un continente que descubrir''

Alfonso Blanco, durante a súa intervención. (Foto: Sebas Senande)
Alfonso Blanco, durante a súa intervención. (Foto: Sebas Senande)

O profesor e crítico Armando Requeixo adoita ter dificultades para delimitar as súas intervencións sobre temas literarios porque se sobrepoñen a súa sabedoría e a súa paixón. Onte acertou a facelo unha vez máis co gallo da súa semblanza sobre a vida e a obra de Xosé María Díaz Castro na revista oral Pazo das Musas, que se desenvolveu no Museo Provincial de Lugo.

Respondendo a esa visión larga dos asuntos que o caracteriza, Requeixo definiu ao poeta de Guitiriz como «un continente por descubrir». O experto en Díaz Castro rexeitaba con esa afirmación as críticas que se lle fan á Real Academia Galega por dedicarlle o Día das Letras a un autor cun único libro editado e concebido como unidade, ‘Nimbos’.

Ese título sérvelle de base a Requeixo para cualificalo de «clásico» e para defender a «excelencia do poema ‘Penélope’». A maiores diso, aceptando que o merecemento dun escritor para ser homenaxado é unha cuestión de cantidade de obra, aledouse «de que lle dediquen as Letras porque quedaba moito por visitar».

Consiga AQUÍ la información completa

Armando Requeixo asegura que Díaz Castro es ''un continente que...
Comentarios