Armando Morales: ''Queremos crear un coro de voces brancas''

Armando Morales.
photo_camera Armando Morales.

cando o músico Armando Morales se propuxo en 2007 pór en marcha unha escola formativa, encontrou o apoio decidido do Concello de Rábade, O centro, que dende o próximo curso contará tamén coa axuda do de Begonte, pasou en só seis anos de ter un profesor e dez alumnos a sumar 15 docentes e case cen matriculados. Aquel proxecto ilusionante de Morales, que segue colaborando coa escola a través da entidade sen ánimo de lucro Músico Crisanto, deu lugar a unha das grandes canteiras de novos valores.

Que perfil teñen os alumnos?

Dende hai un par de anos empezaron a incorporarse adultos, pero hai sobre todo xente nova. Tamén superamos o ámbito municipal e hai nenos de moitos concellos. Empézase con eles aos catro anos, co que se chama Música en Movemento, que consiste en achegarlles características do sonido como o timbre ou a intensidade. E a partir dos sete, comezan cos instrumentos.

A que cre que se debe ese crecemento na matrícula ano tras ano?

Penso que unha das claves é o traballo en equipo. Nós apostamos de sempre por traer especialistas en cada disciplina en vez de traballar á antigua usanza, cando un profesor impartía todo e acumulaba un montón de horas. O claustro de profesores non ten dada que envexar a outros centros. E outra das claves é que se vela pola creación de agrupacións no seo da escola.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios