Armando Castosa: ''Resulta difícil poner en marcha una feria de este tipo, pero más difícil es consolidarla en el tiempo''

Armando Castosa. N.RODRÍGUEZ
photo_camera Armando Castosa. N.RODRÍGUEZ

Muimenta prepárase para celebrar unha nova edición de Moexmu, e xa van 29. Cales son as claves do seu éxito?

Se é difícil poñer en marcha unha feira destas características, máis difícil é mantela e consolidala no tempo e máis no contexto económico no que vivimos. Moexmu é unha mostra do excelente traballo que se fixo durante estes anos. As claves do seu éxito son varias. Primeiramente, que está perfectamente encaixada na idiosincrasia da comarca, na que o sector primario é preponderante, e logo que se trata dunha mostra multisectorial. É un éxito baseado no conxunto: a cantidade de visitantes e a calidade dos producto e do gando, que é o mellor de España. A artesanía e a maquinaria son compoñentes moi importantes, pero o concurso de gando deulle un grande pulo á feira. Trátase do único certame da provincia e cada ano supéranse as expectativas.

Como colabora o Concello con esta celebración?

Mantemos a mesma colaboración que en anos anteriores. O recinto feiral, que é de titularidade municipal, está a disposición total da comisión organizadora. Ademais, aportamos tanto medios persoais como materiais. Durante 10 días hai persoal do Concello traballando arreo para que todo estea perfecto. En canto aos medios económicos, finánciase a cartelería, parte da publicidade e tamén dous dos autobuses que traen o venres a varios colectivos da terceira idade. A maiores aportamos unha subvención duns 3.000 euros.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios