Argelio Fernández: ''El butelo de A Fonsagrada debe disponer de su denominación de origen protegida cuanto antes''

O alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, invita a tódolos lucenses, galegos e veciños de comunidades limítrofes a saborear mañá o butelo e disfrutar dunha fin de semana distinta na Montaña, cunha natureza de seimieiras ou fervenzas de gran beleza, un museo etnográfico e rutas de senderismo entre arbolado autóctono.

-Que expectativas ten para a edición deste ano da feira?

Todos agardamos a que a feira sexa polo menos como a do ano pasado. Nesta 17ª edición xa está plenamente consolidada. Atrae a xente de Galicia, Asturias e León polos produtos cárnicos de calidade e polo cocido da Fonsagrada, que é recoñecido no norte de España pola súa calidade e singularidade. Vai haber unha carpa de 1.000 metros cadrados con 64 stands. Deles, oito están relacionados directamente con butelos e produtos cárnicos da Fonsagrada. O resto son artesáns de todo tipo, repostería, vinateiros, etc. Niso é unha feira como as de antes, na que ten acollida todo tipo de produtos do sector da madeira, ademais de stands promocionais da Fonsagrada e de Negueira de Muñiz.

-Para cando a denominación de orixe para o butelo?

Ten a Identificación Xeográfica Protexida (IXP), pero a Unión Europea botou abaixo a denominación posiblemente porque foi mal plantexada. Entre A Fonsagrada e Navia, ten que ter a súa denominación de orixe e ter un selo de calidade como garante do que é: unha exquisitez.

-Que pode ver na Fonsagrada o visitante?

O primeiro, vir a terra: un día ou unha fin de semana, aloxándose en casas de turismo rural fermosas ou boas pensións. Inauguramos hai pouco a ruta de senderismo do Forno do Bolo, Queixeiro, que ten dúas seimeiras recuperadas recientemente. Visita obrigada é a de Vilagocende, que ten a maior caída libre de Galicia. Aínda é máis espectacular coa auga que caeu. Tamén temos un museo etnográfico con moitas pezas, moitas aportadas polos veciños. Toda a información está no stand da feira e na páxina web do Concello. É un sitio onde merece a pena pasar máis dun fin de semana. 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios