Martes. 21.11.2017 |
El tiempo
Martes. 21.11.2017
El tiempo

Arcadio López Casanova recibe o premio Otero Pedrayo 2015

Darío Campos lembrou a figura deste escritor e recoñeceu "os méritos dunha carreira literaria que o fan merecedor deste galardón"

A Deputación de Lugo fixo entrega este martes do Premio Otero Pedrayo 2015, concedido ao escritor Arcadio López Casanova.

O acto, celebrado no Pazo de San Marcos, contou coa presenza de diversas autoridades, entre elas o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, ou o presidente do organismo provincial, Darío Campos, ademais de Luís González Tosar, que recolleu o premio en representación do autor galardoado.

Durante a súa intervención, Campos recordou os 30 anos de historia desde a creación destes premios, nacidos ao amparo das cuatro diputacións, para poñer en valor a figura de Ramón Otero Pedrayo, "patriarca das letras galegas" e "un referente imprescindible".

Tamén se referiu á figura de López Casanova, recoñecendo "os méritos dunha carreira literaria que o fan merecedor deste galardón".

Así, destacou a súa contribución a cabeceiras "tan prestixiosas" como La Noche, durante a súa estancia en Compostela, ademais da súa "importante actividade cultural" de regreso a Lugo.

Tras o seu traslado a Valencia en 1968, iníciase unha época na que produciu máis de 20 libros de poesía en galego e castelán, un deles (Mesteres) "un auténtico fito na renovación da poesía galega dos anos 70".

Arcadio López Casanova recibe o premio Otero Pedrayo 2015