sábado. 26.09.2020 |
El tiempo
sábado. 26.09.2020
El tiempo

Apertura de grandes claros e nubes en descenso para este venres en Galicia

METEOGALICIA
METEOGALICIA

Galicia quedará este venres baixo a influencia das altas presións, con réxime de ventos de compoñente oeste que achegarán humidade. Así, empezará o día con néboas e nubes baixas que irán desaparecendo para quedar unha tarde de grandes claros, con áreas completamente despexadas. Na franxa atlántica formaranse brétemas costeiras. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo de compoñente oeste. Pola súa banda, as temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. 

Deste xeito, nas cidades galegas as temperaturas máximas subirán até os 27 graos en Ourense, mentres os valores mínimos descenderán até os 13 en Lugo

Apertura de grandes claros e nubes en descenso para este venres en...
Comentarios