''Apenas se carraban las casas durante el día''

En mi aldea se hacían las casas con piedra, barro y madera. Y las camas y las cunas eran de madera, mullidas con hoja de las espigas del maíz y para durar toda la vida. Andábamos a pie para ir a cualquier otro lugar, salvo a los pueblos de la ría, que íbamos embarcados, a remo y vela, o a Pontenova y a Ribadeo, que por privilegio del mineral de hierro de Villaodrid, en principio apreciado, íbamos en tren con máquina de vapor.

Cándido Sanjurjo / Ribadeo

Antigamente en Silvela había unha casa chamada a casa da Torra que vén ser a casa onde naceu meu avó e os seus irmáns. Dicían que antes era un concello da parroquia. De aí vén o nome da Casa da Torra. Enriba da porta ten un escudo con dúas chaves cruzadas. A lenda di que desapareceu, pero non foi así: meu avó estragouno co pincho do tractor, polo tanto tiveron que facer un novo para non o perder. Ao lado da casa hai un cruceiro que ten a súa historia: hai tempo unha muller cando ía levar as vacas ao campo un boi botouse a ela e desangrouse, desgraciadamente a muller morreu e como un acto importante puxéronlle o cruceiro en honra a ela.

Teodoro Casanova Cabado / Alba Casanova Carril / Silvela / Friol

As casas de Viveiro estaban abertas. Había tal confianza entre os veciños que apenas se pechaban as casas durante o día.

Carlos Francisco Nuevo Cal / Viveiro

Era unha casa, a nosa, ubicada nunha praza da pequena Vilanova de Lourenzá, case veciña da costa luguesa do Cantábrico. Lembro con saudade a vila da miña nenez, e esa casa da praza onde vin a luz primeira, formada por un baixo, dous andares, e un faiado moi amplo. Despois de me bautizar na igrexa mosteiral, rexistráronme cos nomes de Francisco Xesús Benito Antonio. Non me satisfixo nunca o nome de Francisco, pese a que o prestixiaran figuras sobranceiras das letras: Villon, Petrarca, Quevedo, Rojas Zorrilla, Torres Villarroel...

Francisco Fernández del Riego / Vilanova de Lourenzá

Recuerdo que mi padre había hecho un baño. En su habitación de matrimonio había un corredor exterior. En una esquina hizo un hueco chiquito para hacer una taza de váter. Luego eso bajaba por un tubo de gres a un pozo negro. Había que llevar un cubo porque aún no había agua corriente. Esta llegó sobre el año 45.

Fernando Lamela Castedo / Monforte de Lemos

La casa de mi abuela en Monterroso era enorme, preciosa, todavía existe. Era muy conocida porque entre los Álvarez había médicos, abogados, comerciantes...

María Luisa Sánchez Álvarez / Monterroso

De Quiroga á Hermida hai só dúas légoas. A estrada, pasando Pacios do Rei, entre vides e castiñeiros, rube unha encostiña para chegar presurosa ás primeiras ordenacións do Caurel. A Hermida está no curuto dun outeiro. As casas teñen corredores de madeira pintada de suaves cores. Solada nun pradiño, está a igrexa moi xeitosa, de cúpula circular, branca de torre, tellado de lousa, que se olla, espellada no Sil, dende moi lonxe, dende a ponte de Espandariz. Garda a igrexa historias de curacións milagreiras, pintadas en carteles de cego.

Eduardo Moreiras / Quiroga

No Campo Castelo vivín con meu pai Reinaldo e con miña irmá Rosa nunha casa do XVIII, que fora do conde Moscoso de Lugo. Era unha casa señorial, con capela, unha tulla enorme para recibir as rendas e unha cheminea de catro piares. Tiñamos un gato e un malvís que cantaba moi ben. Trouxérao meu pai de Quiroga. Sucedeu que o gato comeu o malvís e o meu pai, moi afeccionado á caza, despachoulle un tiro e o gato saltou polo aire caendo morto redondo. Vino saltar perfectamente. É unha anécdota que me quedou gravada. Tería eu tres anos.

Ánxel Fole / Lugo

Malia non ser nada nostálxico, aínda hoxe boto en falta aquela cociña de ferro que uns chamaban «bilbaína» e outros «económica». Acendíase con papeis, se non había unha caroza, e queimaba todos os reboutallos. Como aínda non había plásticos e os residuos orgánicos (lavadura) levábaos unha señora para alimentar os seus ranchiños, na miña infancia o lixo non existía. A cinsa era o que quedaba de todo aquilo e un veciño do lado que tiña horta, botáballa á terra como fertilizante natural. Aquela cinsa, ademais de reboutallos non tóxicos, levaba, por suposto, abondosa leña (tiñamos unha serra no baixo do edificio, que estaba na prolongación da rúa Mondoñedo) e tamén carbón de granza que me mandaba ir buscar miña nai a unha carbonaría da rúa Lamas de Prado (daquela Ortiz Muñoz).

Isidro Novo / Lugo

La primera planta de la casa, de la calle de San Pedro n° 36, está dividida en dos viviendas, una la ocupábamos nosotros y la otra estaba alquilada a unas señoritas solteras y ya mayores, que se llamaban Felisa y Elena Otero. La relación de estas inquilinas con nosotros era muy afectiva, como lo demuestra el hecho de que para pasar desde la calle a una vivienda, tenían que atravesar el hall de la nuestra, si accedían por la fachada principal, ya que además tenían otra entrada a través del jardín posterior de la casa y con frente a Campo Castillo.

Amador Montenegro López-Saavedra / Lugo

Cando os meus ascendentes viñeran a unha total ruina por mor da guerra civil de carlistas e liberais tiveron que se desfacer a toda présa da casa que tiñan na Praza Maior. Constituía aquela a parte vella do Hotel Núñez, mercada por unhas xentes ricas de Bilbao que se chamaban Guardamino. Máis tarde foi vendida aos fundadores do hotel, cando este se instalou na rúa da Raíña. Os meus bisavós, ou quenes fosen, marcháron a vivir a unha finca que tiñan fóra da muralla, moi perto dela, que quedaba abondo lonxe, porque aínda non foran abertas nin as portas do Campo do Castelo, nin a do Bispo Aguirre, e había que saír para ir a ela pola porta do Postigo ou Santiago, ou a de San Roque. Entrábase nela polo que tamén hoxe se chama Carril dos Loureiros, e formábana as terras onde estaba a casa de meus pais, na que nacín, e case todo o terreo do actual Parque Rosalía Castro. Aquí construín hai anos, nunha das súas avenidas, a casa na que vou descansar cando podo acougar uns días, e cuxo proxecto se lle debe ao gran arquitecto Gómez Román.

Álvaro Gil Varela / Lugo

En Lugo hacíamos todo tipo de trabajos de piedra: casas, palleiras, cercas y todo lo que se presentaba. Obras sin gran importancia. Durante temporadas de ocho a diez meses. Nuestro peregrinaje era constante. Según dice el refrán, Lugo es tierra de nabos, Coruña de pescadores, Pontevedra de canteiros y Ourense de afiladores. Las casas que existen en los pueblos de Lugo están construidas por los canteiros de Pontevedra.

Julio Barreiro Rivas / Samos

É certo o que se conta, tocante a que eu entraba en todas as casas. Grazas a isto coñecín Mondoñedo como poucos puideron coñecer a súa cidade natal.

Álvaro Cunqueiro / Mondoñedo

Nací en Lugo, en el Mesón de Aguiar, de San Roque. Allí vivió mi abuela, allí se criaron doce hijos. Había dos cocineras y se servía con guante blanco. Fermín, me acuerdo del chico que nos servía. Por la parte de atrás vivía también un zapatero porque debían ser muy trastes. Allí me crié y fueron tiempos maravillosos. Mi abuelo tenía un coche, de los primeros que hubo en Lugo.

Pilar Iglesias Osorio / Lugo

Antoloxía da Memoria de Lugo:El Progreso: luns, mércores e sábados.TeleLugo: martes, ás 22,00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius.

Comentarios