Anxo Lamas recoge en una muestra el legado cultural de Castro de Rei

Anxo Lamas, durante a súa intervención (Foto: M. Roca)
photo_camera Anxo Lamas, durante a súa intervención (Foto: M. Roca)

«Un concello non se mide só por aspectos económicos, polas actividades sociais, por datos demográficos... Tamén hai que medilo polo seu legado cultural, e Castro de Rei ten moito que ensinarlle á provincia e ó mundo». Con estas verbas pechaba o alcalde do citado municipio, Francisco Balado, o acto oficial da doazón do pintor e escultor Anxo Lamas ó Concello de 24 pezas nas que recolle textos, poemas e obras de escritores e artistas locais.

A vintena de pinturas, elaboradas sobre madeira e dedicadas a 22 artistas, incluído o propio Anxo Lamas, poderase visitar de forma permanente na casa da cultura de Castro de Ribeiras de Lea, tal e como pediu expresamente o autor, cuxo desexo non era outro que esta compilación do legado cultural de Castro de Rei quedase ó alcance de todo o mundo.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios