Antonio Veiga: ''Las cuotas pesqueras que determina Europa suponen una limosna para la flota gallega''

Antonio Veiga. (Foto: J. Vázquez)
photo_camera Antonio Veiga. (Foto: J. Vázquez)

O vicepresidente provincial clausura hoxe as segundas xornadas técnicas que se desenvolven no seo de Expomar, unha feira que conta co respaldo do organismo que preside, e que para Antonio Veiga supón un estímulo económico para a bisbarra, ademais dunha boa oportunidade de facer negocio para as empresas do sector.

o responsable da Deputación aposta polo sector pesqueiro como estímulo para saír da crise.

Que valoración fai da repercusión da feira para Burela e A Mariña?

Expomar é un referente para empresas e profesionais dos sectores pesqueiro, conserveiro e náutico de Galiza, do norte do Estado e do norte de Portugal, que redunda nunha boa oportunidade para facer negocios. Ademais, todos os que participan nesta feira daranse cita en Burela durante catro días o que actuará como estímulo económico para o sector servizos en xeral, e para o sector da hostalería en particular, de toda a comarca.

Clausura hoxe a segunda xornada técnica, adicada á comercialización dos produtos pesqueiros. Cre que son facilmente identificables os da flota mariñá?

Os produtos pesqueiros máis importantes da comarca da Mariña teñen presenza en gran parte dos mercados do Estado, sobre todo nos mercados de peixe fresco. Hoxe podemos atopar as pesquerías da Mariña en mercados europeos e mercados emerxentes como os do norte de África. Cómpre destacar o papel das empresas exportadoras, tanto de peixe fresco como conxelado, situadas nos portos da Mariña e que son as que aportan valor ao produto.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios