Antonio Rodríguez Basanta: ''O novo Papa ten que ser aberto aos tempos de hoxe, nos que a sociedade xa non é cristiá''

Anfonio Rodríguez Basanta (Foto: ESCOURIDE)
photo_camera Anfonio Rodríguez Basanta (Foto: ESCOURIDE)

O vicario ve na saída de Benedicto XVI un acto de valentía e de amor á Igrexa, se non se vía capacitado para afrontar esa responsabilidade. Lémbrao como un gran sabio que se expresaba de forma moi clara para chegar mellor aos crentes e espera que o seu sucesor estea á altura do momento actual. 

antonio rodríguez Basanta calcula que cando empezou, no 76, na diocese de Mondoñedo-Ferrol había 250 sacerdotes e agora non chegan a 160.

Por que sucede isto?

Hai un baixón grande debido a tres factores: falta de vocacións, envellecemento do clero e as secularizacións, os sacerdotes que deixaron o ministerio.

Cre que habería máis sacerdotes se tiveran permitido o matrimonio?

Que os sacerdotes poidan contraer matrimonio e formar unha familia é unha lei da Igrexa que se pode cambiar, non é ningún dogma de fe. Pero resulta que noutras concepcións cristiás, os luteranos, os anglicanos, aínda que os respectivos ministros ou pastores poden formar unha familia teñen o mesmo problema ca nós de escaseza de vocacións, así que o problema non é tanto non formar unha familia como a crise de valores e de fe.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios